vendredi, avril 28, 2006


ela vive pola noite e durme pola mañá. cando ten frío abrígase cunha bufanda de cores e pode pasarse case mil horas bailando embaixo da lúa. ás veces busca uns beizos, outras sinxelamente algo de conversa, pero na maior parte dos intentos só consigue que alguen con moito pelo e poucas verbas lle dea a vara mentres timidamente toca por intervalos o seu ombreiro co dedo índice

e aquí non podo contarvos que é aquilo que lle desvela. supoño que nas épocas axeitadas serán os exames e que rara vez pensa na Revolución coma fin último da humanidade actual. polas tardes séntase na herba e agarda, fuma e avanza pouco a pouco polos banzos de fume que lle levan cara a unha distancia de 35 centímetros por riba do chan

e as noites saben a pouco, a tan pouco, que cando esperta tan só lle dan gañas de estudar tódolos tempos do verbo voleo


as compañías no autobus, a iso das 8.15 da mañá (sen pasar anteriormente polo descanso que che pode proporcionar unha cama), poden ser moi pracenteiras ou moi pesadas

e a pesar de que ela era unha moreniña que che miraba cos ollos no canto de sorrir non deixo de preguntarme qué carallo pensaría de min naqueles momentos nos que eu, vencido polo alcol e o meu cansanzo xa diurno, me quedaba calado e me ría da causalidade realmente provocada (pero isto que quede entre ti máis eu) do noso encontro

e tal vez nos atopemos nunha destas xornadas reivindicativas na cidade que máis odio de toda a Galiza. ou tal vez me quede aquí, xurándote que me quedarei esta fin de semana para que visites sitios que non pisarei

pero dá igual, as cancións de vítor jara ás veces soan un chisquiño frívolas e nese intre é cando saltan aos meus ollos gañas de chorar, entón é cando me volto en realidade eu mesmo e deixo por fin de soñar, porque soñar é unha enfermidade que non se cura tomando pastillas e a mellor posición para este acto extraordinario é estar de pé e esperto

e así, sen máis, así...

sendo un borracho máis entre o mar das tegras

sendo un náufrago que aínda pensa que se pode aboiar enriba da pedra

jeudi, avril 27, 2006

despois de catro horas e media de experimento socio-político, onde estaban representantes do peor estalinisnismo oficialista, militantes da burguesía socialdemócrata independentista e esquerdistas disidentes de certa tendencia trotskista, podemos anunciar que non houbo baixas en ningunha das frontes

porén, certa xente de cabeza cuadriculada, probables futuros cargos da Xunta, afirmaba que non "coñecía ningún nacionalismo que non fose de esquerdas" (non oiron falar de CiU nin do PNV) ou que "non podemos ser antimilitaristas porque o 25 de abril promoveuno a MFA portuguesa". semella ser que as neuronas a algúns lles quedan demasiado grandes

algunhas descalificacións persoais, subidas de tono nalgúns casos medianamente compresibles e ao final ganas, moitas ganas, de berrar e guindar pedras

mardi, avril 25, 2006

Sempre 25 de abril!

(Que non nos rouben a memoria)

Elo nº59



tardes de sol: tocar a guitarra na Quintana ou sentar a Xabarín no salón reitoral. as dúas cousas son posibles. sentarse, pensar... en que cada vez estamos máis precarizados e saber agantar algunha bronca por non cumprir co que debía

noites de abril: ir a un bar de burgueses culturetas e acomodados no que explotan aos seus traballadores e che cravan por un befeater con limón. é que alí toca un cantautor que canta cancións de silvio e ás veces non sei resistirme aos meus impulsos. odio estas contradicións!

durante un terremoto...

espiando espiando espiabas
mentres eu espía espía
e espir quería
enriba do taboleiro de casiñas brancas e negras
condeada por colaboracionismo anti-autonomista
ti espía espías
eu espiado estaba espido
e alá onde troulean as pombas
démonos de conta
de que cando espías espía
eu espiabate
e ti sorrías

jeudi, avril 20, 2006

B.S.O. das últimas xornadas nocturnas....

Voglio vederti danzare
come le zingare del deserto
con candelabri in testa
o come le balinesi nei giorni di festa.
Voglio vederti danzare
come i Dervisches Tournes
che girano sulle spine dorsali
o al suono di cavigliere del Katakali.

E gira tutt´intorno la stanza
mentre si danza, danza
e gira tutt´intorno la estanza
mentre si danza.


E Radio Tirana trasmette
musiche balcaniche, mentre
danzatori bulgari
a piedi nudi sui braceri ardenti.
Nell´Irlanda del nord
nelle balere estive
coppie di anziani che ballano
al ritmo di sette ottavi.

Gira tutt'intorno la stanza
mentre si danza, danza.
E gira tutt'intorno la stanza
mentre si danza.

Nei ritmi ossessivi la chiave dei riti tribale
regni de sciamani
e suonatori zingari ribelli.
Nella Bassa Padana
nelle balere estive
coppie de anziani che ballano
vecchi Valzer Viennesi.

Franco Battiato
deixou as mans enriba da mesa. estivo dúas semanas buscándoa pero, efectivamente, ocorreu o de sempre o último sitio no que miras é aquel que máis á vista está

tivo que estar 13 días 2.677 segundos sen poder rañar na cabeza, sen cambiar a canle de televisión e ter que tragar todos os informativos de Antena 3, sen fumar o cigarro que apetece despois do café

cando por fin se topou con elas enriba da mesiña da cociña, lembrouse supetamente, e cun sorriso silencioso, de que fora alí onde as deixara cando o seu veciño petara na porta para invitarlle a cear aquel sábado pola noite

achegouse a elas pensando que xa podería rascarse o grano que ten na fronte mentres se voltaba nostálxica vendo Humor Amarillo. e entón decatouse do problema

non tiña mans para collelas da mesa

mardi, avril 04, 2006

estes días ando um algo
atarefado
brincando com espelhos:

G P U | _ _ _