mardi, juin 26, 2007

"se ti foses romeo e ela xulieta, poderias chamarlle mashenika", dixo un peregrino ruso nas
escaleiras da quintana
facendo que ela me mirase de xeito raro

e de supeto pasou o transiberiano mentres tentabamos chegar ate o circulo polar artico

na procura da noite eterna

lundi, juin 18, 2007

confesións...

despois de dous anos inda non teño moi claro cal é a cor do seu pelo, non me dou fixado. seime de memoria a súa cara de rabia, a súa voz cando di tacos en castelán e cando se bota a rir dun xeito tan estrepitoso que tes que entrepechar os ollos para que non te leve o furacán. vestidos de raias e cores, pernas feridas, ferros colgados da pel, imperdibles nas orellas

tardei en descobrir o seu nome. botei a tremer cando descubrín que ela sabía o meu e comezou a bailar ao meu carón coma nunca antes bailara. ultimamente véxoa máis azul que de costume, queixándose dos puchos rosas que lle caen enriba pero sen enfadarse nin cuspirme, soñando con casas okupadas na barra do avante...

(e con praias nudistas para o verán)

jeudi, juin 07, 2007

quérootodo

filmes, filmes filmes e máis filmes

críticas

(e flipo contigo, tía!)

un incisivo roto

botellas asasinas

hai que limpar as cacerolas que comezan a chegarse as moscas

quintana, quintana e máis quintana

lume pola boca

camisola negra e eclecticismo

non me lembro de nada, non me lembro de nada

algo se me pegou

tampouco me lembro das sabas

john wayne, belmondo

chama ao danton 0100

golpeando na porta do ourense

hachís, hachís e máis hachís

o ordenata acaba de petarse

documentario sobre bocadillos de chourizo e catedrais

gosto de camiñar cos pantalóns ben pendurados no brazo

un pouco de futbol

querémolotodo

lundi, juin 04, 2007

aaaaaaaaaaaachís!!!!

ás veces disque o mundo é un pano...

(pois, foder, coa catarreira que levo
que ben me viña o mundo!)