mardi, octobre 04, 2005


Et Paris qui bat la mesure
Paris qui mesure notre émoi...
Paseaban de noite baixo o mantiño púrpura daquela noite parisina. Eran estranos naquela cidade e estranos para eles mesmos. El viña dunha viliña galega a carón do mar e tocaba coa guitarra cancións de Ismael Serrano e Silvio nalgún recanto da rúa Gay-Lussac. Ela era unha rapariga de dezaseis anos fuxida de casa, desas de minisaia e maquillaxe polas noites, de sorriso que significa gañas de aprender da vida e mans que semellan redes onde adoitan cair os peixes despistados.
"Acuchillo estrellas y grita la gente al ver...". Cando el estaba cantando esta canción comezara a chover. Ela pasaba rápida pola rúa co seu paraugas e non dubidou en abrigar ao desfarrapado guitarrista que lle encantara con esas cancións nun idioma que non coñecía. "Merci beaucoup", farfullou el cun perfecto acento galego. Ela botou unha risa pequeniña coma unha formiga que se pasea pola caluga e botaron a andar mentres se preguntaban os nomes e as vidas.
Agora xa non chovía e paseaban tranquilamente. El facíalle rir e eran coma nenos pequenos perdidos nun bosque máxico e feliz, pequenos pero grandes e demasiado adultos no seu interior.
Ela sacou unha bolsiña de gominolas, o perfecto sabor doce para esa noite. Cunha finxida curva tímida na boca, el pediulle unha. Cruce de olladas (moi cercanas) e algo que se pousa na mesma man coa que o guitarrista pulsa as cordas.
Era un corazón, deses de fresa, laranza e azucre.
Pareceulle tan marabilloso coma unha declaración de amor, pereceulle que lle acabaran de entregar o máis valioso que podería ter unha persoa. Ansioso, el precisaba algo máis, un dato máis, unha resposta máis... e por iso pediulle outra gominola.
Entón, ela deulle unha desas con forma de Coca-Cola.

1 Comments:

Blogger Caufield said...

Agora xa non chovía e paseaban tranquilamente. El facíalle rir e eran coma nenos pequenos perdidos nun bosque máxico e feliz, pequenos pero grandes e demasiado adultos no seu interior....
molaaa, ta moi ben expresad (vai ser q si q e dun libro agora xDDDD).....weno q si e teu había q matart x escribir tan ben (ata parece mentira que sexas de Bueu :P xDDD)

11:30 AM  

Enregistrer un commentaire

<< Home