mardi, janvier 16, 2007

por fin unha tarde pequeniña, para sentarme e imaxinarme cancións, para teclear coma quen toca un piano, para deitarme e xuntar cervexa e nicotina na miña gorxa (a falta doutras substancias que xa boto de menos...)

por fin unha tarde pequeniña, para non abrir a porta da lavadora, para quedarme escoitando as emisións radiofónicas das formigas

por fin unha tarde pequeniña, para poder botar de menos á xente, para notar as ausenzas e os silenzos, para mergullarme entre as enrugas das estatuas de sal, para imaxinar que quero a alguen

(ooooooooops, perdón por este último tópico sentimentaloide)

1 Comments:

Blogger Nébeda Piñeiro Barros said...

ui, pero que sería da vida sen tópicos sentimentaloides...

xa está a realidade para que os olvidemos.


Saúdos e Saúde!

4:39 AM  

Enregistrer un commentaire

<< Home