mardi, décembre 19, 2006

aaaaaaaaaaaauuuuuuuuuuuuuuuuH!

vai tempo que non encho de cores as paredes da miña habitacion
(aínda que queden mal)
xa pasaron aqueles tempos nos que eramos ciberneticamente empalagosos
-coma unha abella emborrachada de pole-

e agora ao igual cás augas
paseo furibundo polos bares de sempre

{e custa cuspe capturar catro caracteres
para acomodarse na fazula baleira
dunha lúa chea}

porque as terrazas agora están apoiadas na barra
e o aire libre é o mellor para contar historias

{tento recuperar espazo público
pero paseo por unha alfombra vermella
sen premio ao final}




custa sangue subir en silenzo até o ceo

para ser extraterrestre e espiar-
te a ti cando te ves a cara
no precioso charco de auga que deixou aquel paxaro que se derretiu

e poder pensar en ti
seguindo parámetros de análise e comprensión
que nada teñan que ver nin co amor
nin cos teus cadrís

vai tempo que non colgo as bandeiras nin as fotos
e non me sinto mal
e tampouco me parce mal
(alomenos durante o 12% da cantidade
de tempo diario que consumo)

2 Comments:

Blogger Comandante Clelia said...

Das catro letras que che faltan ninguén sabe nada. Un poeta dos tempos de Violante escribiu ensaios en versos verdes e lila, e foi a mofa de tódolos entendidos. Pero ninguén quere camiñar cos ollos tapados, todos somo un pouco multitonofílicos.

12:50 PM  
Blogger Caufield said...

é bonito, e, dalgunha forma difícil de explicar..., con este frío a envolvelo todo...
cheira a verán
:D

3:39 PM  

Enregistrer un commentaire

<< Home