vendredi, octobre 21, 2005

Oian

Oian: se acenden as estrelas
é porque alguen as precisa, verdade?
é que alguen arela que estean,
é que alguen chama pérolas a esas cuspitinas.
Rebufando trebóns de pó
do mediodía penetra ata Deus,
teme ter chegado tarde, chora.
Bícalle a man carniseca,
implora que poñan sen falla unha estrela,
xura que non soportará este tormento inestelar,
e logo anda preocupado,
aínda que aparenta calma.
Di a alguen:
Agora non estás mal, eh?
Va que xa non tes medo?
Oian: se encenden as estrelas
é porque alguen as precisa, verdade?
É indispensábel que toda-las noites encol dos tellados
prenda ainda que sexa unha soa estrela.

Vladimir Maiakovski