jeudi, avril 20, 2006

deixou as mans enriba da mesa. estivo dúas semanas buscándoa pero, efectivamente, ocorreu o de sempre o último sitio no que miras é aquel que máis á vista está

tivo que estar 13 días 2.677 segundos sen poder rañar na cabeza, sen cambiar a canle de televisión e ter que tragar todos os informativos de Antena 3, sen fumar o cigarro que apetece despois do café

cando por fin se topou con elas enriba da mesiña da cociña, lembrouse supetamente, e cun sorriso silencioso, de que fora alí onde as deixara cando o seu veciño petara na porta para invitarlle a cear aquel sábado pola noite

achegouse a elas pensando que xa podería rascarse o grano que ten na fronte mentres se voltaba nostálxica vendo Humor Amarillo. e entón decatouse do problema

non tiña mans para collelas da mesa