tres pares de ollos se perderon na noite
coma quen perde un barco de papel entre os dedos
e se pregunta cara onde levarán os sumidoiros
se preguntan polo silenzo
dicide que tardará en chegar
cando as redes pescan palabras
cando pouco a pouco os vellos pensamentos
tórnanse un moderno grimorio
que o silenzo medre ao mesmo ritmo
que vai caíndo a miña cabeza
que a pesar de todo
algunha bagulla se atreverá a asomar
e agora que é todo lonxe e perdido
coma unha cruz nas mans dun fidel católico,
os escalóns rachan e pouco máis hai que
picotear entre puntiños de caspa
para atopar un froito do que envelenarme
a grolos mainiños
hai días que odio a internete!

0 Comments:
Enregistrer un commentaire
<< Home