rascunhos
mentres hoxe o Sol en cuarto minguante prefire avnzar e avanzar, hai un par de pés (extensibles a tal vez catro ou cinco pares máis) que dá voltas en cuarto pechado e se van desgastando cada vez que rebenta un ácaro por mor dun infarto masivo
e hai días nos que os obxectos puntiagudos rasgan coma o pico dun ornitorrinco os ronseis que deixou o último catamarán para Ons, e por iso cando dormes un cheiro mestura de poeira e metal fai que as lámpadas espirren luz e se che poñan os ollos vermellos
e este ano a migración de toda a clase burgueso-aviar no seu periodo de descanso pre-estival traerá uhha pequena hinchazón nalgún lugar do peito, tal vez ese que está lixeiramente situado á esquerda

o sol en cuarto minguante
e eu en cuarto pechado
0 Comments:
Enregistrer un commentaire
<< Home