jeudi, avril 27, 2006

despois de catro horas e media de experimento socio-político, onde estaban representantes do peor estalinisnismo oficialista, militantes da burguesía socialdemócrata independentista e esquerdistas disidentes de certa tendencia trotskista, podemos anunciar que non houbo baixas en ningunha das frontes

porén, certa xente de cabeza cuadriculada, probables futuros cargos da Xunta, afirmaba que non "coñecía ningún nacionalismo que non fose de esquerdas" (non oiron falar de CiU nin do PNV) ou que "non podemos ser antimilitaristas porque o 25 de abril promoveuno a MFA portuguesa". semella ser que as neuronas a algúns lles quedan demasiado grandes

algunhas descalificacións persoais, subidas de tono nalgúns casos medianamente compresibles e ao final ganas, moitas ganas, de berrar e guindar pedras