vendredi, novembre 17, 2006

11.06

penso en ti e quítaseme a sede

entón os vasos permanecen calados enriba da mesa mirando para o teito mentres os meus ollos nadan entre fumes verdes

e de súpeto o sofá espándese

sendo xa universo e á vez verme que se enrosca e me raña na barriga despacio despacio
como desperezándose despois dun sono

. . .

algo estrano pasea estes días polas rúas
que din que hai xente
que está pensando
en pintarse as meixelas a cadros violetas