vendredi, juin 23, 2006

elo n º 74



días de escravo no imperio
-pedra de xardín-
camiñando por distancias
de doce lúas e poucos soles
ollando repenicar os pasos
das chaquetas caidas
no diagonal horizonte
da rúa do franco

e é temperatura morna
aboiar e bracexar
-a xeito de súplica ou badalada-
no tecido dos pes que bailan
- transmisión de radio tirana-
porque ás veces empurrar pedras
é deixar espazo para as frores




p.d. para compañeiros da
factoría: por fin os vagos temos unha canción, e con videoclí! (grande leo!!). atención ás colaboracións de ramiro e dani salgado.