vendredi, janvier 19, 2007

pra sobrevivir
ás veces fai falla
ordear un pouquiño a mochila

repasar un pouco
as vellas libretas, os vellos debuxos
lembrar que todo amor é platónico

e debuxarte despaciño cos pés
sobor da area
aínda que non esteas

pra sobrevivir
ás veces fai falla
abrir fiestras que dan ao fondo do mar

mesturar tódalas cores
que algunha vez debuxaron
o perfil da túa urxencia

e voltar visitar cidades
polas que tan só camiñei
cando os semáforos estaban en vermello

1 Comments:

Blogger carracuca said...

que é da túa vida???


por certo, encantadores os gatiños da sorte dos chinos que tes no perfil! sempre quixen un!

6:52 PM  

Enregistrer un commentaire

<< Home