lundi, octobre 24, 2005

As primeiras horas da mañán non están feitas para min... Espertar co licor café aínda facendo burbullas de lume no estómago e pensando durante dúas putas horas sobre a morte accidental de Pierre Curie (Palabras encadeadas: diga o nome dalguen famoso que comece pola letra e).

E o semáforo non se dá posto en verde. Hai que ver, aquí estou, coma todos, esperando polo inesperado... igual que aquela muller sentada naquel banco, igual que un pai divorciado que vai a buscar ao seu fillo ao colexio. Estamos todos tan tolos!

Cruzo e aínda teño na mente a taquicardia involuntaria do xoves: as risas a soas nos portais, a intención de aganta-lo equilibrio e o esforzo de fundirme coa cama para non unirme ao centrifugado súpeto no que se convertera o mundo. Por fin chego á zona vella, un intre de paz...

Paga-la matrícula (cunha porta do banco que non dá aberto cando lle premes o botón), entrega-los papeis da beca ("fai falla o certificado de convivencia?", "No, no... ui, perdona si, que tenéis una abuela vivendo con vosotros", "-como non me dean a beca pola túa culpa, so mamón!!!!-") e devolver un libriño de Vidal Bolaño á Xeral.

Buffffffff, coido que vou voltar deitarme...
Puta augardente con cafeína!!!