Quedabas alí cunha pelusa no ombreiro.
Ti sorrías tan tranquila, conversando, berrando ás veces...
mais eu tan só me fixaba nesa pelusiña tan cerca do teu pescozo.
Unha pequena araña rubindo a inmensidade do verde e azul do teu vestido...Ás veces eres coma Lucifer.
Perdoa que cho diga, pero como permites que esa pelusa se quede aí, vixiándote agazapada,
tan silenciosa, tan mainiña...?
Como permites esa invasión? tan silenciosa, tan mainiña...?
Seguro que está imaxinándote-pensándote-soñándote.
E nembargantes
se algunha vez é unha das miñas pestanas as que sen querer
se pousan nas túas meixelas,ti eres a que reviras e renaces,
a que revolves e rebelas,
a que retrasas e revolucionas
as pelusas da miña cara
Ás veces eres coma Lucifer
tentando provocar barricadas en cada soño de ollos abertosLembras aquel día que Fausto se reencontrou con Xulieta?
(Cinsenta deixara as rúas moi mal barridas
e tódolos gatos ían con pelusas violetas na caluga)
e tódolos gatos ían con pelusas violetas na caluga)
3 Comments:
¿Fausto con Julieta? ¿Qué Julieta?
hahaha! intentaba establecer unha analoxía entre dúas parellas míticas do xénero dramático: Romeo e Xulieta e Fausto e Mefistófeles (un acabou suicidándose e outro vendendo a súa ánima). Xa ves, simplemente unha agulla máis na palloza mental que é este blog
Ya veo; perder la vida, perder el alma, como si fuesen análogas.
Enregistrer un commentaire
<< Home