Hoxe ando un chisco máis encorvado.
(As túas verbas de onte, a borracheira, a incomprensión... e o haxís que se remata)
Chimpabas por riba da cama para espertarme (na cociña a pota coa tarta do cumpremeses de onte), agarreite pola perna, pero resistiaste a cair.
E cando te fuches souben que era mellor non dicir nada.
Notas nas portas,
confesións destas dúas semanas que me paseei polo lado escuro.
Crónicas dende o ollo do furacán como diría algún compañeiro.
Sorrisos falsos,
bicos falsos,
conversas ás agachadas no baño e na cociña.
(Eu voltándome tolo, ti lembrándome que xa o estás)
E no sofá,
no silenzo no que xa non quedaba ninguén,
sobor dos restos da festa,
pousas a túa man na miña barbiña e anúnciasme que xa todo rematou.
Debería odiarte... por facerme mentir,
por converterme en monicreque,
por meterme nunha traxicomedia esperpéntica.
Pero boeno, isto é o que teñen as variables afectivo temporais e lembro que aínda teño o meu código PUK apuntado no brazo.
Verémonos. E agardo que a próxima vez non deixe a porta aberta cando me vaia...

0 Comments:
Enregistrer un commentaire
<< Home