lundi, décembre 05, 2005

You can't start a fire
You can't start a fire without a spark
This gun's for hire
even if we're just dancing in the dark...

Alex ollaba distraído á noite pola ventá do coche. Eu buscaba nervioso o chisqueiro polo chan, e mentres impregnábamos a estancia cun cheiro amargo e ferinte, Diego e María facían as paces no asento do condutor.

Que bonito sería se agora soase "Dancing in the Dark" de Springsteen pola radio! Ti calas e Alex pecha a fiestra para que non entre a choiva. Sintes que se consume a túa ánima na punta dos dedos e abres a porta. Apetéceche mollarte por un momento.

Diego e María quedan ollando para ti. Alex sigue distraido e eu agora tírome dos pelos por non atopar o tabaco. Diego coido que dixo algo así coma que o teu cabelo semellaban algas, mais non fixen caso e comecei eu consumir a miña propia ánima.

Por uns segundos olleite ao lonxe, na praia. Estirabas os brazos e deixabas cair, coma seguindo unha música, as túas roupas delgadas e branquisimas. Pechei entón os ollos e recibin ben a narcoléptica canción de Amaral. Para min tan só eras unha manchiña branca máis no horizonte.

Cando Diego voltou a arranca-lo coche, ti xa non levabas saia e puidemos apreciar a túa cola escamosa sobre un charquiño de auga salgada. Eu pregunteiche se tiñas frío e un sorriso de ollos azuis convenceume de que non. Eras feliz esta noite por volver a nadar despois de tanto tempo.
E voltamos a nosa casa (a de mentira) collendo as curvas en terceira.

3 Comments:

Blogger Unknown said...

escribe en cristián carallo!!!!

12:08 PM  
Anonymous Anonyme said...

Aroné...estamos conmovidas :'( We love you!! :@@@@@

8:32 PM  
Anonymous Anonyme said...

Me parece fa-bu-lo-so!Eres maravilloso!!!

2:47 PM  

Enregistrer un commentaire

<< Home