lundi, janvier 16, 2006

Ultimamente...
as lembranzas son mil posturas incómodas enriba dunha cadeira
Bob Dylan cantando Jokerman
e eu soñando con gañarme a vida facendo videoclips

Ultimamente...

afógome cos remuíños de auga que provocan a xente que vai e ven
as ánimas que esquivo cando vou apresurado pola rúa
a realidade de traballos e teclas que che golpean os dedos

Ultimamente...

teño ganas de facer algo
de proclamar dunha vez a nosa República Socialista
de axeonllarme ante alguen para ofrecerlle unha flor
ou de pasar noites enteiras contando historias de estrelas
(tanto das vermellas coma das amarelas)

Ultimamente falta un chisco de esperanza
e sobárdanme as arelas de atopala

1 Comments:

Anonymous Anonyme said...

Haz que tu vida sea campana que repique
o surco en que florezca y fructifique
el árbol luminoso de la idea.

Alza tu voz sobre la voz sin nombre
de todos los demás y haz
que se vea junto al poeta el hombre.

Llena todo tu espíritu de lumbre
busca el empinamiento de la cumbre
y si el sostén nudoso de tu báculo
ofrece algún obstáculo a tu intento
sacude el ala del atrevimiento,
ante el atrevimiento del obstáculo.

7:49 PM  

Enregistrer un commentaire

<< Home