claramente,
as rodas e os triángulos están feitos os uns para os outros
claramente,
estou dando voltas no espazo interradial do teu círculo
e iso explica a vértixe e o mareo da miña fronte
claramente,
faltan tan só catorce feiras para que as miñas fronteiras
sexan expulsadas pola GPU da túa curva perfecta
claramente,
ti es unha superficie redonda que rola e rola irmá terráquea do vento
eu son un caparazón de tres ángulos que tropeza e tropeza nos picos da pedra
claramente,
as rodas e os triángulos están condeados a separarse

0 Comments:
Enregistrer un commentaire
<< Home