mercredi, janvier 25, 2006

Manifiesto electoral de Dario Fo, candidato ás eleccións primarias da Unione (coalición de centro-esquerda) do 29 de xaneiro para a alcaldía de Milán

¡Eu non son un moderado!

Se buscades un moderado, tede coidado á hora de votarme,

porque comigo córrese perigo!

Pero de verdade queredes un alcalde moderado?

O moderado é forte cos febles e feble cos fortes.

O moderado finxe resolver os problemas sen afrontalos!

O moderado fai a vista gorda ante a especulación inmobiliaria.

o moderado bota aos inquilinos das súas casas no centro

e despois as revende aos magnates da especulación.

O moderado transforma en gueto a periferia.

O moderado acepta unha escola para ricos e unha para pobres.

O moderado deixa que a cidade se volva máis e máis triste,

e aplaude os rañaceos,

onde non se ven rapaces xogando nin xente pedaleando en bicicleta.

O moderado teme disgustar aos cidadáns que contan.

E non concede a palabra aos que non teñen voz.

O moderado xamáis cambiará nada.

O moderado non resolverá o problema da contaminación

de Milán, non salvará os pulmóns setentóns dos rapaces de 5 anos.

O moderado non vos librará do tráfico, do millón

de automóbiles que, coas súas peideiras, transformaron a cidade

nunha cámara de gas.

Hoxe, ao parecer, non ser moderado é un defecto ou un delito;

ou ben un privilexio dos mozos.

Pero fan falla moitos moitos anos… para chegar a ser verdadeiramente mozos!

Milán, se a miña música che soa demasiado forte, entón quere dicir

que te estás volvendo demasiado vella.

Non hai moderado que fixera historia,

como non hai moderado que gañara un Nobel.

Eu non son un moderado

Serei un alcalde que arrisque.

Porque creo que o risco do cambio é a única resposta

correcta para quen invirte o seu voto nun proxecto para Milán.

Se vos decidides a votarme, arriscades moito…

Arriscádesvos incluso a encontrarvos, finalmente, vivindo nunha cidade mellor!

1 Comments:

Blogger Caufield said...

:D
Grande!

8:37 PM  

Enregistrer un commentaire

<< Home