lundi, février 06, 2006


Mrs. B

Mrs. B estaba sentada na barra. Cun cigarro roubado e a cabeza apoiada en Eisenstein, pídelle lume ao camareiro. Mrs. B estaba calada pero soñando: semelláballe ser a protagonista dunha película, pero non se sabía o guión.

Se algún día a atopades, soa e cos ollos maquillados, nalgún local da zona vella, ela poderá falarvos de exames e de perfumes. Ten poder para examinar os perfumes e perfumar os exames.

Mrs. B está condeada a precariedade, coma ti, coma min. Perténcelle un futuro de dúbidas e non ten ninguén que llas solucione. Mrs. B aprende do aire, é capaz de absorver ata o máis minúsculo átomo de osíxeno e reconvertilo nun sorriso con dous incisivos asomados.

Se lle dicides que veña convosco a bailar, ela preferirá sentarse e encorvar un pouquiño máis a súa espalda ao ritmo da música. A Mrs. B non lle gustan as palabras. Di que sería quen de expresar calquera emoción por imaxes.

E eu a deixo, sentada na barra, por uns cantos grolos de calimotxo, unhas cariocas catalanas e unha guitarra vagabunda no corazón da pedra de Compostela.