mercredi, mars 01, 2006

Noite de Santos Corvos

beizos negros
luces negras

despedidas (unha vez máis)

libros que non se regalan
olladas circuncidando o fume do bar

unha pequena alienación no círculo socio-afectivo durante as temporadas de choiva
e nós disfrazados de corvos
con dor na caluga e sen forzas para voar
(se non é para fuxir alá moi lonxe, lonxe, lonxe)

as coordenadas espaciais son ondas expansivas de repetición
(coma un revolver nalgunha carreira por rúas de pedra)
e todo se repite
coma unha espira
en diferentes planos

a típica receita para unha despedida:
un abrazo
(forte, borracho e con alento fétido)
unha promesa
(tímida, con palabras que tropezan e ollos fuxindo xa cara o futuro)
dous bicos
(moi preto dos beizos-comporta pechada pola que non voltará saír a maré)
algún "botareite de menos"
(sabendo que esta é a parte da mentira e que todo irá mellor a partir de agora)

e xa de camiño a casa
mentres tódolos ingredientes se mesturan no estómago
e as tripas máis que dixerir centrifugan este estrano néctar que é a despedida
realízase o vómito do alimento polas rúas de pedra
ao mesmo tempo que andas
e tentas simular que tan só estás borracho

o alcol e as despedidas ás veces teñen o mesmo efecto

1 Comments:

Blogger Unknown said...

never more

5:52 PM  

Enregistrer un commentaire

<< Home