Experimento sociolóxico nº2
Calquera día pola tarde, dúas persoas quedan para tomar un café.
Supoñamos que tales suxeitos son un rapaz e unha rapaza duns 20 anos cada un que se acaban de coñecer a noite anterior, ámbolos dous borrachísimos e torpes, e que iniciaron unha conversa que rematou prolongándose ata altas horas da madrugada.
Deciden quedar dun xeito especial, demostrándose así a súa loucura: o rapaz sairá as 6.30 de Casas Reais e a rapaza á mesma hora iniciará o seu percorrido pola zona vella dende o paso de peóns da entrada da Alameda.
O punto de encontro, se o hai, o ditará o azar.
Tal vez se consuman os seus miolos pensando por que parte da zona vella andará a outra persoa, tal vez se dean conta de que este xogo é unha parvada e nunca máis volten saber nada do outro. Quizabes alguen chore, ou quizabes alguen ría...
Prometo atopar resposta práctica a este dilema
1 Comments:
de houber punto de encontro, eu diría a quintana. acaso hai sitio máis bonito do mundo?
Enregistrer un commentaire
<< Home