vendredi, février 17, 2006

Que cabronazos os de Lamatumbá!!!!!!
Cómo a montan gordísima... veñen a asinar discos e a presentar o seu traballo para o Xabarín Club, e en realidade o que fan é emborrachar con vasos de licor-café aos seus fans. 4 ou 5 vasiños alá foron mentres os entrevistaban (había unha xornalistiña que se lle notaba a ostia de ilusionada, cuns ollos brillantísimos cando eles falaban) e o Toñito nos contaba coma unha vez foi de romaría cunha tropa de 200 colegas e un pavo de Madrid.
Logo, de volta a casa cun spray verde para facer un paraugas de moitas colores (ou para pintar algunhas obriñas que hai por aí, non sei...)
E pola noite no Avante, alí estaban os de Lamatumbá bailando, co licor-café por un euro (Senlleiro e Duarte non daban feito) !!

LUMEEEEEEEEEEE!!!!!!
(para que saia o Sol)