vendredi, avril 28, 2006


ela vive pola noite e durme pola mañá. cando ten frío abrígase cunha bufanda de cores e pode pasarse case mil horas bailando embaixo da lúa. ás veces busca uns beizos, outras sinxelamente algo de conversa, pero na maior parte dos intentos só consigue que alguen con moito pelo e poucas verbas lle dea a vara mentres timidamente toca por intervalos o seu ombreiro co dedo índice

e aquí non podo contarvos que é aquilo que lle desvela. supoño que nas épocas axeitadas serán os exames e que rara vez pensa na Revolución coma fin último da humanidade actual. polas tardes séntase na herba e agarda, fuma e avanza pouco a pouco polos banzos de fume que lle levan cara a unha distancia de 35 centímetros por riba do chan

e as noites saben a pouco, a tan pouco, que cando esperta tan só lle dan gañas de estudar tódolos tempos do verbo voleo

1 Comments:

Anonymous Anonyme said...

dende a Illa, desfruto co que escribes... grazas por non deixalo

6:46 PM  

Enregistrer un commentaire

<< Home