lundi, mai 28, 2007

e a camareira continua a me putear
que se teño acento coruñés, que se é votante do PP...

continua a se rir de min cando lle pido unha caña
e move a man cando me atopa ollando cara a ela

e eu, normalmente, sento e deixo bailar ás miñas neuronas
nesa discoteca escura que é o meu cerebro

(aí tamén está ela a servir copas)

mentres...
o gaiteiro sube e baixa do palco
eu subo e baixo o copo
seguimos o mesmo ritmo
cantamos o mesmo berro

e a golpe de domingo
os seus ollos maquillados son como os mails con destino a alemaña

(chegan tarde...)

a verdade é que hoxe poderia dicir que estou de resaca electoral...