lundi, juin 18, 2007

confesións...

despois de dous anos inda non teño moi claro cal é a cor do seu pelo, non me dou fixado. seime de memoria a súa cara de rabia, a súa voz cando di tacos en castelán e cando se bota a rir dun xeito tan estrepitoso que tes que entrepechar os ollos para que non te leve o furacán. vestidos de raias e cores, pernas feridas, ferros colgados da pel, imperdibles nas orellas

tardei en descobrir o seu nome. botei a tremer cando descubrín que ela sabía o meu e comezou a bailar ao meu carón coma nunca antes bailara. ultimamente véxoa máis azul que de costume, queixándose dos puchos rosas que lle caen enriba pero sen enfadarse nin cuspirme, soñando con casas okupadas na barra do avante...

(e con praias nudistas para o verán)

1 Comments:

Blogger Laurindinha said...

Pois Avante...! ;)

2:59 PM  

Enregistrer un commentaire

<< Home