lundi, octobre 24, 2005



Semellaba un voitre, paciente e manso ata que ataca. Levaba xa hora e media nunha esquiniña do escenario, seguindo os ritmos das súas cancións, mentres Barilari berrea e anima ao público. Nalgún momento cansarase e marchará do escenario no medio dalgunha canción, non sería a primeira vez, nin a segunda...

E tal vez, mentras finxe estar tranquilo e concentrado, mentres permanece coa súa cabeza gacha e a súa perna esquerda levemente adiantada, na realidade está dubidando cómo rematará o concerto: se queimará a guitarra, se tan só arrincará as cordas e llas tirará ao público ou se sinxelamente a tirará ao aire e non se molestará en recollela.

"Y amaneció, lo sé muy bien..." Cando a luz escurece el pode percibir o corpo dunha muller subida a ombreiros do público. Queda mirandoa para os ollos e pregúntase cal pode ser o seu nome. Sara? Noelia? "Si", pensa,"ten cara de chamarse Sara". Pois ben, é o momento de ergue-la guitarra, de darlle a volta e de mordisquear as cordas e toca-las notas desta balada. As traba docemente, despacio, seguindo o ritmo da melodía, pensando que as cordas son os beizos de "Sara" e que dos dentes longos e afiados desa muller sae a máis doce música.

1 Comments:

Anonymous Anonyme said...

Hi, as you may already noted I am recent here.
I will be happy to get any assistance at the start.
Thanks in advance and good luck! :)

4:30 PM  

Enregistrer un commentaire

<< Home