Nestas rúas houbo mortos...
aquela noite ti rías e detrás das túas orellas había un corvo que me buscaba os ollos.
A pedra tan só é pedra, e o tacto da plastilina permíteche por un momento sentirte feliz e no teu lugar (coma unha semente afogada en algodón).
Prometo unha fuxida, prometo un bico e unha aperta...
Prometo dar aquilo que nunca din, aquilo que manca as pernas e fai que te desfagas no chan coma unha cortiña rasgada polo vento.
E cando por fin diga adeus, cando por fin atope unha verba que de verdade vaia a mágoa que me produce seguir aquí, por favor dá media volta e non me mires.
Son tempos difíciles... as palabras son enfermos de tuberculose que vagan polas rúas e a miña voz é un tusido contaxioso de neumococos.
2 Comments:
nos últimos tempos semella que incluso as palabras me están abandoando...
Watching, waiting, commiserating...
Enregistrer un commentaire
<< Home