mercredi, juin 07, 2006

Xustiza!!!

42 balas.

42 balas remataron co canto.

Un militar apodado o "Príncipe" disparou para acalar a voz do pobo chileno.

Pero non esquecemos, e aínda que despois a democracia seguiu o grandísimo "exemplo español" de non procesar aos asasinos da ditadura, a memoria de todo un país non é material moldeable. E por iso aparece a FUNA, un movemento popular chileno que ten coma actividade "visitar" aos criminais ás súas casas ou traballos con moito ruído e explicando aos compañeiros de traballo que foi o que fixo tal individuo cos chilenos e chilenas.

E agora que o "Príncipe" foi descuberto (no seu flamante despacho do Ministerio do Traballo) non quedou inmune a este tipo de accións.

(é que seguimos correndo diante dos mesmos, e as actuais democracias burguesas non son máis que cómplices dos torturadores.)

Se non hai xustiza, hai funa!!!