mardi, août 07, 2007

-

chámase xenia e por desgraza é real

déixase a súa cámara acesa pola noite e non ten batería cando ten que sacar fotos nas roldas de prensa, hoxe un debuxante de tiras cómicas tivo que buscar a súa para que a edición do vigo metropolitano non ficase coxa

que o delegado do morrazo estivese doente obrigoume a acompañala ate o aparcadoiro da estacada. expresoume o seu desexo de visitar a praia de beluso e de descansar alí mentres miraba o mar e comía un bocadillo. entón vinme ao seu carón, contándolle historias da elite cultural venezolana que residía alí durante os anos trinta. ademais, despois podería achegarme ate cangas

pero a miña avoa hoxe asaba peixe

1 Comments:

Blogger Caufield said...

as veces cunde máis un bocadillo que o peixe asado ;)
sobre todo se hai mar e praia polo medio :)
bicos dende Compostela, onde hai bocadillos pero non asados de peixe nin mar :(
convéncete de que vales, que os demais xa estamos convencidos ;)

10:47 AM  

Enregistrer un commentaire

<< Home