dimanche, septembre 16, 2007

(dirty)

coido que estes cinco euros de haxís levan alomenos seis quilos de merda
- e por iso me poño a contar os dedos da miña man e vexo que son insuficientes para acariciar a túa cara
- por iso os barcos de panos de papel saen mal e pouco me importa cantar contigo que non tes tabaco para o teu mozo

seis quilos de merda e máis ou menos douscentos gramos rolan polo chan porque as mans dalgunha muller xogaron coa caixiña que estaba na mesa
- e é que me río cando me falas da necesidade dun porto deportivo que as praias están mortas e non te sintes culpable
(que volte todo ao plástico no que debeu quedar)

Logo chegarei casa e rañareime un pouco que hai partes da miña alma que me pican
- o analxésico definitivo terá máis de seis quilos de merda na súa composición química
- hai falta de contido social na historieta

4 Comments:

Blogger Nébeda Piñeiro Barros said...

o do hachís-merda é un fenónemo do tempo que nos tocou vivir.


Facía tempo que non nos "comentábamos". Prometo retomar a miña fidelidade.
Un bico.

12:42 PM  
Blogger Comandante Clelia said...

non sería capaz de lembrar nada do que lin en clave dixital no teu móbil, pero sei que falamos disto. Eu digo, liiindo liiindo lindérrrimos 6 kilos de merda

5:55 PM  
Anonymous Anonyme said...

http://www.conelpapa.com/nuncaespronto/montse/index.htm

Fíjate bien en TODAS las caras de los jóvenes miembros del Opus Dei que dan su testimonio sobre la beata de turno. Y flipa!!

6:51 PM  
Blogger Nébeda Piñeiro Barros said...

ola ola... fai moitas noites e moitos bares que non nos atopamos, porque ti seguramente non te atopes en Dinamarca nestes intres... :)Si, Nébeda está de Erasmus. Agardo que che vaia todo estupendamente e xa falaremos, iso está feito.
Non podo escoitar a canción ata dentro duns días; non teño son no ordenador. Non sabes como sufro... Something touched me deep inside the day the music died :(

4:41 PM  

Enregistrer un commentaire

<< Home