lundi, septembre 26, 2005

"-Guindaches algún vez ao ar algun pedaciño de papel xusto cando unha corrente de vento pasaba por diante do teu naris? Sí! E que pasaba? - O rapaz ficaba pensativo e calado mentres miraba ao vello, quen lle sorría coma se estivese a piques de revelarlle o maior segredo do mundo -. Ahá! Remataban sempre caíndo ao chan por culpa da gravidade. Pero, claro, hai papeis que tardan maís e outros que tardan menos en caír... Hainos que poden pasar días ou meses enteiros revoloteando por ahí, deixándose levar por esa corrente. E eses pedaciños de papel que soltas calquera día pola tarde ao saír da clase de lingua galega, cargado coa túa mochila, sabes cómo se chaman antes de que caian ao chan? - O sorriso do vello acentuouse e o rapaz incluso chegou a ter algo de medo-. Pois... a xente normalmente chámalles bolboretas".
Tirado das Memorias dun Felino Feroz (Tomo II: Verbas que rabuñei en terra queimada)