mardi, décembre 19, 2006

aaaaaaaaaaaauuuuuuuuuuuuuuuuH!

vai tempo que non encho de cores as paredes da miña habitacion
(aínda que queden mal)
xa pasaron aqueles tempos nos que eramos ciberneticamente empalagosos
-coma unha abella emborrachada de pole-

e agora ao igual cás augas
paseo furibundo polos bares de sempre

{e custa cuspe capturar catro caracteres
para acomodarse na fazula baleira
dunha lúa chea}

porque as terrazas agora están apoiadas na barra
e o aire libre é o mellor para contar historias

{tento recuperar espazo público
pero paseo por unha alfombra vermella
sen premio ao final}




custa sangue subir en silenzo até o ceo

para ser extraterrestre e espiar-
te a ti cando te ves a cara
no precioso charco de auga que deixou aquel paxaro que se derretiu

e poder pensar en ti
seguindo parámetros de análise e comprensión
que nada teñan que ver nin co amor
nin cos teus cadrís

vai tempo que non colgo as bandeiras nin as fotos
e non me sinto mal
e tampouco me parce mal
(alomenos durante o 12% da cantidade
de tempo diario que consumo)

lundi, décembre 18, 2006


o sur é o noso norte
e o berro a nosa voz

neste camiño cara o sol
a túa man non vale nada

se non é puño ou pedra
rachando os cristais da dor




mardi, décembre 05, 2006

elo (enésima)

hoxe desexaría voltar a escoitar
aquela canción

e comprender un pouco mellor as historias
que che poden contar
dentro das portas pechadas dun bar
(cando so fican os que teñen gañas de celebrar
algo)

sobor de todo
...estes dias...
van deixando ronseis vermellos
conversas nas aulas de informatica
e varios calafríos á hora de abrir un paraugas

mais...
seguimos paseando
(tol@s)
e debuxando siluetas
cos pés
pola pedra desta cidade