vendredi, janvier 19, 2007

pra sobrevivir
ás veces fai falla
ordear un pouquiño a mochila

repasar un pouco
as vellas libretas, os vellos debuxos
lembrar que todo amor é platónico

e debuxarte despaciño cos pés
sobor da area
aínda que non esteas

pra sobrevivir
ás veces fai falla
abrir fiestras que dan ao fondo do mar

mesturar tódalas cores
que algunha vez debuxaron
o perfil da túa urxencia

e voltar visitar cidades
polas que tan só camiñei
cando os semáforos estaban en vermello

jeudi, janvier 18, 2007

(des)conxugación verbal

eu non podo
nós non podemos
ti non podes
vós non podedes
el pode
eles poden


mardi, janvier 16, 2007

por fin unha tarde pequeniña, para sentarme e imaxinarme cancións, para teclear coma quen toca un piano, para deitarme e xuntar cervexa e nicotina na miña gorxa (a falta doutras substancias que xa boto de menos...)

por fin unha tarde pequeniña, para non abrir a porta da lavadora, para quedarme escoitando as emisións radiofónicas das formigas

por fin unha tarde pequeniña, para poder botar de menos á xente, para notar as ausenzas e os silenzos, para mergullarme entre as enrugas das estatuas de sal, para imaxinar que quero a alguen

(ooooooooops, perdón por este último tópico sentimentaloide)

samedi, janvier 13, 2007

"Nos habían convencido de que alternativo significaba marginal, nosotros podíamos ser alternativos si teníamos una pequeña revista, una pequeña radio o un pequeño canal de televisión. Conseguíamos financiación de ONG tanto de Canadá, como de Nueva Zelanda, Holanda u otras partes del mundo para tener ese pequeño espacio, ese pequeño nicho, pero nunca para tener la osadía de hacer una red, de juntarnos, de tener fuerza. Así nos podían seguir dominando y podíamos seguir siendo marginales. Nosotros hemos entendido que para ser realmente alternativos, tenemos que ser masivos y competitivos, y no competitivos en el carácter comercial de la palabra, si no en lo que se refiere a tener un mensaje de por lo menos igual calidad técnica, igual calidad de imagen dentro de la televisión, y con mucha mejor calidad de contenidos. Esa es la única forma de ser realmente alternativos".

Aram Aharonian
director xeral de teleSUR

vendredi, janvier 12, 2007

tan só unhas pocas horas matinais
e xa teño infornación suficiente para facer unha longa lista daqueles que me rachan cos nervios
e outra máis pequena para @s que consiguen que me recupere
buc buc buc buc buc buc buc )onomatopea( buc buc buc buc buc buc
mhjnmhjnbn mn,bnmjb n mjnb nn4hjmnb nvb mjmn,mhnb 57mhjgvbmnmjnbmjhmhjnbmhjnb hjmmhjbmhjhjkl.dcd.ldkdzkx,kxd,kllk´lñlfdzñ:Löooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooop'tgo45ç¨_CX

mercredi, janvier 10, 2007

tres patas para unha mesiña de noite



007, en tan só dúas semanas, ensinoume que os pingüíns danse de golpes na caluga e ás veces non sei* se é bo deixarme levar polo seu infantilismo e xogar a derreter o xeo dos polos

andan tolos os pingüíns ultimamente. queren falar gaélico en irlanda e visitar os museos que enlatan arte, cando lles ataca a incoherencia (subxectiva, por suposto) son capaces de converterse en galiñas e poñer ovos

pero prefiro unha opción intermedia
e botar a durmir un pouco
que ando canso


*"a experiencia é a madrastra da ignorancia" (s.XIX a.C)

.5/8/7.

ás veces penso que
a vida é coma
unha moeda
ten unha cara
[]
ten unha cruz
mais segue sendo
unha moeda

(que ninguén pregunte polo seu valor de troco na bolsa, porfa)