dimanche, septembre 16, 2007

(dirty)

coido que estes cinco euros de haxís levan alomenos seis quilos de merda
- e por iso me poño a contar os dedos da miña man e vexo que son insuficientes para acariciar a túa cara
- por iso os barcos de panos de papel saen mal e pouco me importa cantar contigo que non tes tabaco para o teu mozo

seis quilos de merda e máis ou menos douscentos gramos rolan polo chan porque as mans dalgunha muller xogaron coa caixiña que estaba na mesa
- e é que me río cando me falas da necesidade dun porto deportivo que as praias están mortas e non te sintes culpable
(que volte todo ao plástico no que debeu quedar)

Logo chegarei casa e rañareime un pouco que hai partes da miña alma que me pican
- o analxésico definitivo terá máis de seis quilos de merda na súa composición química
- hai falta de contido social na historieta