mardi, juin 27, 2006

día de estudo intensivo

1ª lección aprendida dos apuntamentos de xéneros:

o peche dunha entrevista de creación seve para introducir

?

que carreira, meu deus!! teño que pasar máis por clase o ano que ven

lundi, juin 26, 2006


o mundo de hoxe non é coma os tebeos, nin os bos gañan nin ninguén se preocupa pola defensa dos febles
a infancia na que queceron os ideais e as paixóns pola igualdade para esa xeración que desfrutou dos comics do capitán trueno non parece que se transmitiran á nosa
e dalgún xeito doe, hai algo que falta
xa non existen sigrids, goliaths nin crispíns. e os que se queren erixir como capitán trueno tan só son caricaturas feitas na sección dalgún xornal
melancolía e cancións de asfalto:

Si el Capitán Trueno pudiera venir
nuestras cadenas saltarían en mil,
de él aprendimos que el bueno es el mejor
aunque al pasar el tiempo comprendimos que no.

Si el Capitán Trueno pudiera venir
nuestras cadenas saltarían en mil,
monstruos gigantes, princesas encantadas,
el malo siempre palma, la chica se salva.

Ven Capitán Trueno,
haz que gane el bueno.
Ven Capitán Trueno,
haz que gane el bueno.
Ven Capitán Trueno
que el mundo está al revés.

A bordo de su barco subiríamos tú y yo
perseguidos por los años desde que él nos dejó
en océanos de tebeo y con espadas de papel
haríamos a los piratas retroceder.

Ven Capitán Trueno
haz que gane el bueno.
Ven Capitá trueno,
haz que gane el bueno.
Ven Capitá Trueno
que el mundo está al revés.

vendredi, juin 23, 2006

elo n º 74



días de escravo no imperio
-pedra de xardín-
camiñando por distancias
de doce lúas e poucos soles
ollando repenicar os pasos
das chaquetas caidas
no diagonal horizonte
da rúa do franco

e é temperatura morna
aboiar e bracexar
-a xeito de súplica ou badalada-
no tecido dos pes que bailan
- transmisión de radio tirana-
porque ás veces empurrar pedras
é deixar espazo para as frores




p.d. para compañeiros da
factoría: por fin os vagos temos unha canción, e con videoclí! (grande leo!!). atención ás colaboracións de ramiro e dani salgado.

mercredi, juin 14, 2006

It isn´t me
We have some seed
Let me clip
Your dirty wings

Let me take a ride
Don´t cut yourself
I want some help
To please myself...

mardi, juin 13, 2006

pouco queda


algo de estrés e varios vasos nocturnos de café
e poñerse a repasar todo o que pasa pola cabeza na época de exames
dende a Comuna anabaptista de Münster
ata o exceso de pigmentación dalguns ollos negros

mercredi, juin 07, 2006

Xustiza!!!

42 balas.

42 balas remataron co canto.

Un militar apodado o "Príncipe" disparou para acalar a voz do pobo chileno.

Pero non esquecemos, e aínda que despois a democracia seguiu o grandísimo "exemplo español" de non procesar aos asasinos da ditadura, a memoria de todo un país non é material moldeable. E por iso aparece a FUNA, un movemento popular chileno que ten coma actividade "visitar" aos criminais ás súas casas ou traballos con moito ruído e explicando aos compañeiros de traballo que foi o que fixo tal individuo cos chilenos e chilenas.

E agora que o "Príncipe" foi descuberto (no seu flamante despacho do Ministerio do Traballo) non quedou inmune a este tipo de accións.

(é que seguimos correndo diante dos mesmos, e as actuais democracias burguesas non son máis que cómplices dos torturadores.)

Se non hai xustiza, hai funa!!!

elo nº 70


a dona de corpo delgado ás veces fala
e sempre acerta
cando dispara balas de manteiga
sobre o parqué desgastado
que hai embaixo do mar en calma

a dona de corpo delgado nunca dorme
e fai malabares cos compromisos
para voltar ao parís do desacougo
levando consigo dous paxaros engaiolados
que saben a té salgado
e cunchas frías

porque hai anos nos que outubro chega con retraso
(ás veces duns sete meses)
e xa non sabes en que pazo de inverno
terás que crebar os gobernos liberais

pero a dona de corpo delgado
tan só gosta de ollar pola fiestra
e pensar que a choiva
son trescentos vintecinco mil pares
de corenta e catro tríos de millóns
de papeis en lapas
sobre os escanos dos parlamentares