jeudi, mars 30, 2006

orde do día

anexo 1: tese de acción socio-afectiva

no fondo dos cascos de botella quedaron uns estranos puntos negros.

ninguén se explica por qué.

mentres chovía as marxes dos ríos estaban máis preto de ti e de min

pero a xente seguía calando

e a botella, ao ritmo da canción de calamaro, seguía baixando...


proposta num.1:

queimar tódolos píxeles que manchei con algún dos meus turbios pensamentos


proposta num.2:

redactar un artigo co estilo do "novo xornalismo" ianqui para neira


conclusión (a xeito de síntese):

voume

mercredi, mars 22, 2006

() ()

!

-------

jeudi, mars 16, 2006


lundi, mars 13, 2006

rascunhos

mentres hoxe o Sol en cuarto minguante prefire avnzar e avanzar, hai un par de pés (extensibles a tal vez catro ou cinco pares máis) que dá voltas en cuarto pechado e se van desgastando cada vez que rebenta un ácaro por mor dun infarto masivo

e hai días nos que os obxectos puntiagudos rasgan coma o pico dun ornitorrinco os ronseis que deixou o último catamarán para Ons, e por iso cando dormes un cheiro mestura de poeira e metal fai que as lámpadas espirren luz e se che poñan os ollos vermellos

e este ano a migración de toda a clase burgueso-aviar no seu periodo de descanso pre-estival traerá uhha pequena hinchazón nalgún lugar do peito, tal vez ese que está lixeiramente situado á esquerda

o sol en cuarto minguante

e eu en cuarto pechado

vendredi, mars 10, 2006

tres pares de ollos se perderon na noite
coma quen perde un barco de papel entre os dedos
e se pregunta cara onde levarán os sumidoiros

se preguntan polo silenzo
dicide que tardará en chegar

cando as redes pescan palabras
cando pouco a pouco os vellos pensamentos
tórnanse un moderno grimorio

que o silenzo medre ao mesmo ritmo
que vai caíndo a miña cabeza
que a pesar de todo
algunha bagulla se atreverá a asomar

e agora que é todo lonxe e perdido
coma unha cruz nas mans dun fidel católico,
os escalóns rachan e pouco máis hai que
picotear entre puntiños de caspa
para atopar un froito do que envelenarme
a grolos mainiños

hai días que odio a internete!

jeudi, mars 09, 2006


Unha cartolina violeta e unha cámara. Pouco máis fai falla para sentar á xente e darlles unha oportunidade para dicir o que pensan sobre o feminismo e o 8 de marzal.

Tan só un día público, pero toda unha vida para loitar e seguir adiante.

E como reivindicaba o cartaz da Facultade:

365 DÍAS DA MULLER NO NOSO ALMANAQUE

mardi, mars 07, 2006


(...)

e por que non?

(===)

a saúde dun carballo depende das veces que te confundas no crucigrama

(***)

quen falou?

(~~~)

a articulación inflamada dun lapis de grafito alédate de verse

(···)

E así andamos
Ando en Misión de Procura Espiritual...

Obxectivo: a felicidade

Medios: todo aquilo que está a máis de 3 palmos do meu peito

A insurrección é un arte, o mesmo que a guerra.

Regras:

1. Non xogar nunca á insurrección e, unha vez comeza, saber firmemente que hai que levala cara o final.

2. Hai que concentrar no lugar e no momento decisivos forzas moi superiores, porque, do contrario, o inimigo, mellor preparado e organizado, aniquilará aos insurrectos.

3. Unha vez comezada a insurrección, hai que obrar coa maior enerxía e pasar obligatoria e incondicionalmente á ofensiva. "A defensiva é a morte de todo alzamento armado".

4. Hai que esforzarse por sorprender ao inimigo, por aproveitar o momento no que as súas tropas estean aínda dispersas.

5. Hai que conquerir éxitos cada día (incluso podería dicirse que cada hora, se se trata dunha soa cidade) aínda que sexan pequenos, mantendo a toda costa a "superioridade moral".


Karl Marx

vendredi, mars 03, 2006

"más triste que un obrero
frente al Hotel Meliá
de Varadero..."

jeudi, mars 02, 2006

Cuando se vaya la luz, mi negra...

Cuando se vaya la luz, mi negra,
nos vamos a desnudar
temprano tiene su encanto,
como la gente en el campo.
Lo malo es que sin agua y sin ventilador
acabaremos pegajosos y sudados
como en un maratón.

Cuando se vaya la luz, mi negra,
mi abuela va a comenzar
a desatar su mal genio,
y a hablarme mal del gobierno.
Y mi abuelo que es ñángara le va a ripostar
que es culpa del imperialismo, de la OPEP
y del mercado mundial.

Ay, Alina Blanco, alcánzame la vela
que otra vez me pierdo la telenovela.
Cierra el Westinghouse que se descongela.
Yo no sé qué haré con mi guitarra eléctrica.
Quiero, quiero, quiero,
bailar con un mechero
háblame de amores,
de amores con faroles.
Quiero que me cantes un blues
antes que vuelva la luz.

Cuando se vaya la luz, mi negra,
mi mente se va a afectar.
Mi psiquis mal educada,
está muy electrificada
y no puede pasar ninguna noche de Dios
sin luminarias, sin vídeo, sin la radio
y sin la televisión.

Cuando se vaya la luz, mi negra,
como terapia social
y pa' que no te calientes
el coco por la corriente
sentados en la hoguera vamos a conversar
las mismas cosas que hace tiempo debió hablar
el Hombre de Neandertal.

Ay, Alina Blanco, alcánzame la vela
que otra vez me pierdo la telenovela.
Cierra el Westinghouse que se descongela.
Yo no sé qué haré con mi guitarra eléctrica.
Quiero, quiero, quiero,
bailar con un mechero
háblame de amores,
de amores con faroles.
Quiero que me cantes un blues
antes que vuelva la luz.

mercredi, mars 01, 2006

Noite de Santos Corvos

beizos negros
luces negras

despedidas (unha vez máis)

libros que non se regalan
olladas circuncidando o fume do bar

unha pequena alienación no círculo socio-afectivo durante as temporadas de choiva
e nós disfrazados de corvos
con dor na caluga e sen forzas para voar
(se non é para fuxir alá moi lonxe, lonxe, lonxe)

as coordenadas espaciais son ondas expansivas de repetición
(coma un revolver nalgunha carreira por rúas de pedra)
e todo se repite
coma unha espira
en diferentes planos

a típica receita para unha despedida:
un abrazo
(forte, borracho e con alento fétido)
unha promesa
(tímida, con palabras que tropezan e ollos fuxindo xa cara o futuro)
dous bicos
(moi preto dos beizos-comporta pechada pola que non voltará saír a maré)
algún "botareite de menos"
(sabendo que esta é a parte da mentira e que todo irá mellor a partir de agora)

e xa de camiño a casa
mentres tódolos ingredientes se mesturan no estómago
e as tripas máis que dixerir centrifugan este estrano néctar que é a despedida
realízase o vómito do alimento polas rúas de pedra
ao mesmo tempo que andas
e tentas simular que tan só estás borracho

o alcol e as despedidas ás veces teñen o mesmo efecto