dimanche, septembre 16, 2007

(dirty)

coido que estes cinco euros de haxís levan alomenos seis quilos de merda
- e por iso me poño a contar os dedos da miña man e vexo que son insuficientes para acariciar a túa cara
- por iso os barcos de panos de papel saen mal e pouco me importa cantar contigo que non tes tabaco para o teu mozo

seis quilos de merda e máis ou menos douscentos gramos rolan polo chan porque as mans dalgunha muller xogaron coa caixiña que estaba na mesa
- e é que me río cando me falas da necesidade dun porto deportivo que as praias están mortas e non te sintes culpable
(que volte todo ao plástico no que debeu quedar)

Logo chegarei casa e rañareime un pouco que hai partes da miña alma que me pican
- o analxésico definitivo terá máis de seis quilos de merda na súa composición química
- hai falta de contido social na historieta

mercredi, août 15, 2007

ou non?

"Y los poetas que te cantan que se vayan todos a tomar por culo
que como me ponga chulo voy a hacer alunizajes a cualquier hipermercao
de esos que venden versos y sonetos, y en algun sucio paraje
en cualquier hoyo los meto y no me he de poner traje...
...para cagarme en sus muertos"

a que tod@s sentimos este odio
(saído medio da competición e medio dos ciumes)
estes puños pechados con cristais nas mans
a hora de atopar algún papel perdido en peto alleo?

mardi, août 07, 2007

-

chámase xenia e por desgraza é real

déixase a súa cámara acesa pola noite e non ten batería cando ten que sacar fotos nas roldas de prensa, hoxe un debuxante de tiras cómicas tivo que buscar a súa para que a edición do vigo metropolitano non ficase coxa

que o delegado do morrazo estivese doente obrigoume a acompañala ate o aparcadoiro da estacada. expresoume o seu desexo de visitar a praia de beluso e de descansar alí mentres miraba o mar e comía un bocadillo. entón vinme ao seu carón, contándolle historias da elite cultural venezolana que residía alí durante os anos trinta. ademais, despois podería achegarme ate cangas

pero a miña avoa hoxe asaba peixe

mercredi, juillet 04, 2007

...

teño o nocello dereito completamente fastidiado e ainda así ando, ando e ando. cando subo en coche o fotógrafo fálame de biorritmos e chuvia e comeza a desenvolver as súas teorías humanas. noelia cánsase e baixa. eu continuo

e continuo no cruceiro a ons onde observei a aquela rapaza que ten un irmán rapeiro que lle poñen cancións nos 40 principais de suecia

e aí me quedei no tempo. perdido nos anos sesenta. a ver se alguen me di como se debe continuar

mardi, juin 26, 2007

"se ti foses romeo e ela xulieta, poderias chamarlle mashenika", dixo un peregrino ruso nas
escaleiras da quintana
facendo que ela me mirase de xeito raro

e de supeto pasou o transiberiano mentres tentabamos chegar ate o circulo polar artico

na procura da noite eterna

lundi, juin 18, 2007

confesións...

despois de dous anos inda non teño moi claro cal é a cor do seu pelo, non me dou fixado. seime de memoria a súa cara de rabia, a súa voz cando di tacos en castelán e cando se bota a rir dun xeito tan estrepitoso que tes que entrepechar os ollos para que non te leve o furacán. vestidos de raias e cores, pernas feridas, ferros colgados da pel, imperdibles nas orellas

tardei en descobrir o seu nome. botei a tremer cando descubrín que ela sabía o meu e comezou a bailar ao meu carón coma nunca antes bailara. ultimamente véxoa máis azul que de costume, queixándose dos puchos rosas que lle caen enriba pero sen enfadarse nin cuspirme, soñando con casas okupadas na barra do avante...

(e con praias nudistas para o verán)

jeudi, juin 07, 2007

quérootodo

filmes, filmes filmes e máis filmes

críticas

(e flipo contigo, tía!)

un incisivo roto

botellas asasinas

hai que limpar as cacerolas que comezan a chegarse as moscas

quintana, quintana e máis quintana

lume pola boca

camisola negra e eclecticismo

non me lembro de nada, non me lembro de nada

algo se me pegou

tampouco me lembro das sabas

john wayne, belmondo

chama ao danton 0100

golpeando na porta do ourense

hachís, hachís e máis hachís

o ordenata acaba de petarse

documentario sobre bocadillos de chourizo e catedrais

gosto de camiñar cos pantalóns ben pendurados no brazo

un pouco de futbol

querémolotodo