mercredi, mai 24, 2006

Resultado do intento de criazón dun logotipo


coa grande intención de crear unha icona que refletise o que foi este mes de maio onte collín de internete e fotochop. agardo que entendan que non estaba nas óptimas condicións no momento de crealo

prometemos pronta imaxe definitiva

p.d: adicado a tod@s @s grull@s salvaxes que andan pululando pola noite santiaguesa

asinado: grulla 4

jeudi, mai 18, 2006

non quixera ser testemuña dun alba recén manchada, como di a canción, pero a primavera de 2006 cheira estrano e o sol cando sae ten tres pintiñas negras na súa fazula esquerda. as noites (violentas algunhas delas) manchan, e non tan só dentro das unllas

na primavera de 2006 está prohibido arrincar froles para regalalas, e no caso de levar a cabo tal acción é obrigatorio rexeitalas. as palabras firen e as grullas cantan, todos somos unha fauna de animais borrachos e entolecidos anunciando apocalipses (que ben prenden certos panfletos autonomistas!)

pero a crise de actividades desta astenia primaveral tamén se traduce na busca dun permanente centro de gravidade e o ataque de desestabilización aguda a partir das 2 da noite

na primavera de 2006 hai que ter coidado e deixar de prestar atención a todo tipo de operación matemática (algunha con certos fin mnemotécnicos)

algo prende no val da amaía

mercredi, mai 10, 2006

...vaticinios...

e tal vez algunha historia a medianoite
desas que explican a túa ausencia ás aulas
mentres corres rodeada de farolas asasinas
e mandas SMS equivocados

tal vez tan só unha cerveza xa morna
mesturándose cos sabores do tabaco
que gardas na túa furna electoral
de xeito automático e autonómico

tal vez pensar que temos dous ollos
pero a maioría da xente tan só mira con un

tal vez lembrar pedras e golpes
xenebra que baixa e baixa
polo esófago dos crocodilos do Serengeti
para conseguir que as cebras corran
e as fouces e os martelos bailen

tal vez unha película
unha canción na que damos voltas e voltas
compartillando unha emotividade
que ben pode servir como espello
(dos fráxiles que se rachan e dan mala sorte)

tal vez cinco vermes invadan o espazo inter-dixital
e morra de calafríos
e se a porta do coche non abre
e na megafonía se queiman os fusibles
sempre teremos a un porco bravo
que come landras no sillón da reitoría