jeudi, mai 31, 2007

non ao traballo!

pouco tempo despois fun á festa do primeiro
de maio. nunca entendera a festa do traballo.
pero que broma é iso da festa do traballo. A festa dos
traballadores os traballadores que fan festa. non me entraba
na cabeza qué podía significar a festa dos traballadores ou
a festa do traballo. nunca entendera por qué o traballo
debía ser festexado. pero xa que cando non traballaba non
sabía qué hostias facer. porque era un obrero é dicir que a
maior parte do día lo pasábao na fábrica. e o resto non podía
facer outra cousa que descansar para o día seguinte...

nanni balestrini

diálogo musical

ATAQUE ESCAMPE: a vida do estudante non é a do cabaleiro andante, da realidade non se pode espertar. resaca ás catro da tarde... a xungla está noutra parte! de onde agora sacas tempo para pensar...?

JOSELE SANTIAGO: apúntao chaval, pensando non se chega a nada. pensando!! nin é vida nin é nada. só o precisarás para non sentirte mal... pensar non te leva a nada, non leva a nada!

lundi, mai 28, 2007

... de viaxe...


nas aforas de pontevedra, perto do río lérez,
hai unha casa abandoada (e perfectamente cadrada)

cada vez que paso no comboio imaxínome
compartindo un verao con alguen alí
mais tódalas veces
é con alguén diferente

cecais adoezo dunha (grave)
falta de fidelidade

p.d: e que se foda RCTV_
e a camareira continua a me putear
que se teño acento coruñés, que se é votante do PP...

continua a se rir de min cando lle pido unha caña
e move a man cando me atopa ollando cara a ela

e eu, normalmente, sento e deixo bailar ás miñas neuronas
nesa discoteca escura que é o meu cerebro

(aí tamén está ela a servir copas)

mentres...
o gaiteiro sube e baixa do palco
eu subo e baixo o copo
seguimos o mesmo ritmo
cantamos o mesmo berro

e a golpe de domingo
os seus ollos maquillados son como os mails con destino a alemaña

(chegan tarde...)

a verdade é que hoxe poderia dicir que estou de resaca electoral...