
ás veces fai falla
ordear un pouquiño a mochila
repasar un pouco
as vellas libretas, os vellos debuxos
lembrar que todo amor é platónico
e debuxarte despaciño cos pés
sobor da area
aínda que non esteas
pra sobrevivir
ás veces fai falla
abrir fiestras que dan ao fondo do mar
mesturar tódalas cores
que algunha vez debuxaron
o perfil da túa urxencia
e voltar visitar cidades
polas que tan só camiñei
cando os semáforos estaban en vermello